A época estival, unha boa oportunidade para atopar traballo

IMG_1803 R
0

Os meses de verán son o momento idóneo para atopar emprego. A contratación nesta época do ano está impulsada por determinados sectores vinculados ao turismo, como comercio, transporte, hostalería, lecer e entretemento que crecen especialmente durante esta época do ano.

Tal e como apunta a xerente de Activa Social María López, “o verán é un bo momento para dar a coñecer o noso talento, obter un primeiro traballo, restablecerse ou para reincorporarse ao mercado laboral”.

Que sectores xeran máis emprego?

O turismo volve situarse como o principal motor da contratación durante a tempada de verán. Polo que os perfís máis demandados son principalmente de apoio para estas datas como camareiras/os e persoal de recepción. A experiencia previa en tarefas similares, as aptitudes comerciais e o traballo en equipo son as habilidades máis demandadas para estes postos.

O comercio é outro dos sectores en auxe, xa que grazas á campaña de rebaixas aumenta a demanda de dependentas/es, promotoras/es e atención ao cliente. Para cubrir estas vacantes búscanse perfís con experiencia e fácil adaptación ao posto de traballo.

Por último, outros sectores que tamén incrementan a súa contratación nesta época do ano son contact center e loxística, que require profesionais para postos dentro de almacéns, así como condutoras/es e repartidoras/es.

O verán é sinónimo de boas noticias para o emprego, debido a que é unha das épocas na que máis se activa o mercado laboral. A contratación temporal é, probablemente, unha das opcións máis utilizadas polas empresas á hora de dar resposta ao pico de actividade que se concentra nestas datas.

En definitiva, traballar no verán supón unha oportunidade ideal para iniciar a túa carreira profesional, retomala ou simplemente aumentar a túa experiencia.

En Activa Social dispoñemos dunha ampla lista de ofertas de traballo, así que entra aquí e atopa emprego este verán.