Cegasal – Combina Social-7351
0

Son moitos os retos sociais nos que as empresas poden contribuír e achegar solucións, á vez que desenvolven a súa actividade, e un deles é a xeración de emprego das persoas con discapacidade.

Conscientes do desafío que supón para as empresas abordar o proceso para a inclusión laboral das persoas con discapacidade, Activa Social ten por obxectivo colaborar coas empresas para cumprir coa cota de reserva de persoas con discapacidade así como facilitar a comprensión da normativa legal, a cal pretende impulsar a inclusión das persoas con discapacidade no mercado laboral.

A inclusión laboral das persoas con discapacidade, ademais de ser unha obrigación para as empresas, pode supoñer unha oportunidade para elas, oportunidade que se pon de manifesto nas empresas que xa apostaron pola inclusión e a diversidade no desenvolvemento do seu negocio.

A vontade das empresas socialmente comprometidas, unida ao contexto de determinadas normas que inclúen cláusulas sociais axudou a mellorar a vida de moitas persoas con discapacidade.

Esta transformación social está a contribuír a que as empresas aposten pola contratación de persoas con discapacidade por ser un aspecto que achega valor ás organizacións.

Así, cumprir coa Lei Xeral de Discapacidade non é só unha obrigación normativa para as empresas senón que vai máis aló pois permite xerar riqueza creando novos postos de traballo que contribúen á redución da taxa de desemprego e exclusión social das persoas con discapacidade e, por tanto, ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a Axenda 2030 das Nacións Unidas.

É a túa empresa socialmente responsable? En Activa Social somos expertas en axudarche a conseguilo. Contáctanos sen compromiso e informámosche sobre como alcanzar e superar a cota de reserva de persoas con discapacidade.

ActívaTE e converte a túa empresa nunha Empresa Inclusiva!

gl_ESGL