Colaboración para a inclusión

Cegasal – Combina Social-7351
0

Activa Social ETT traballa desde os seus inicios no fomento e promoción da Responsabilidade Social Corporativa do tecido empresarial galego, contribuíndo á súa implantación desde un enfoque inclusivo, para garantir o acceso aos dereitos e ao emprego das persoas con discapacidade.

Apoio personalizado.

Cada empresa, sector e negocio é diferente e a súa estratexia de responsabilidade social debe responder e estar enfocada ás súas necesidades.

A través dun apoio personalizado, facemos unha análise das túas necesidades en materia de inclusión laboral, sensibilización ou cumprimento normativo e ofrecémosche solucións que dean resposta a estas necesidades.

 

Colaborando de forma conxunta coa inclusión laboral da discapacidade e a normalización.

Colaboramos con empresas e outras organizacións para impulsar a inclusión social e laboral das persoas con discapacidade.

                                                             

Testimonio

María López.

“Desde Activa Social ETT ofrecemos solucións adaptadas ás necesidades das empresas de Galicia no ámbito da contratación temporal das persoas con discapacidade.

O noso sistema integrado de xestión desmárcase en ofrecer servizos de calidade, baseados na eficiencia e na profesionalización para dar resposta ás demandas das empresas que ostentan un marcado compromiso en Responsabilidade Social.

Para alcanzar estes obxectivos é imprescindible tecer alianzas e trazar estratexias comúns co sector privado e, neste sentido, a colaboración coas institucións e empresas galegas foi frutífera.”

 

Co obxectivo de impulsar a acción empresarial en materia de diversidade e inclusión, o noso traballo está orientado a xerar coñecemento, difundilo, activar a mobilización pola inclusión da diversidade, a discapacidade e o emprego.

Contamos contigo Activa-te pola diversidade e a inclusión!

gl_ESGL
es_ESES gl_ESGL