Consellos para buscar emprego

02.1 img_blog_3
0

Os procesos de selección poden resultar difíciles se non sabes como afrontalos.

Por iso, as persoas profesionais de Activa Social danche unha serie de consellos para que logres mostrar o mellor de ti.


Currículo Vitae

Podes enviarnos o teu CV en calquera momento. Aconsellámosche que o fagas e, aínda que non é obrigatorio, é unha boa maneira de que che coñezamos mellor. Animámosche a que poñas unha foto!

Un erro que se repite de maneira frecuente é non estruturar ben a información. Aconsellámosche que empregues unha letra lexible, ordenes os contidos de forma cronolóxica e evites cores de fondo fortes e os formatos de columnas con contidos pouco relevantes.


Carta de presentación

Non é obrigatorio que achegues carta de presentación a non ser que a oferta así o especifique. Lembra que a carta non debe duplicar a información do CV. É un lugar no que podes aclarar información relacionada: por que che interesa traballar en Activa Social, onde queres traballar, se xa tiveches algunha entrevista connosco, etc.


Entrevista presencial

Todo o que nos digas e vexamos diranos como es: Coida os detalles!

  • Se puntual. Se por algún motivo non podes acudir ou ves que chegarás tarde, é moi importante avisar. Dende Activa Social darémosche un contacto para informar.
  • Pregúntanos. Queremos escoitarche e aclarar as túas dúbidas. Cando saias da entrevista é importante que teñas información do proceso, de como continúa e como recibirás comunicación do resultado da entrevista.

Únete a Activa Social, é fácil e sinxelo!

Vaiche a permitir que che avisemos cando teñamos ofertas que encaixan cos teus intereses.

Lembra: Mantén os teus datos de contacto actualizados!

 

Related Blogs