Conseguir ese traballo que queres pode parecer unha misión complexa nunha contorna social cada vez máis preparada e competitiva, pero con esforzo e ganas, nada é imposible. En Activa Social, axudámosche!
Agora o noso portal de emprego ofréceche funcionalidades que che serán de gran axuda para atopar traballo. Coas ferramentas e utilidades de Activa Social poderás sacarlle partido ao teu perfil dunha maneira moito máis completa e precisa. Actívate para perseguir a túa vocación e aproveita as vantaxes do noso portal para mellorar a túa empregabilidade!
Que beneficios achega?
O renovado portal de emprego de Activa ofrece numerosas vantaxes, tanto a nivel de deseño e conectividade, como de difusión, personalización e seguimento. Todo iso convérteo nunha opción imprescindible na procura de novas oportunidades profesionais.
Co portal de emprego de Activa Social poderás, entre moitas outras cousas:
- Acceder desde calquera lugar. Simplemente co teu móbil e unha conexión a internet podes consultar ofertas e inscribirte nas que máis che interesen.
- Subir o teu CV nun clic. Completa o teu perfil en só uns segundos! Ao subir o documento co teu currículo, énchese o teu perfil cos datos para que non teñas que facelo de forma manual.
- Gardar as túas ofertas favoritas. A aplicación dáche a opción de almacenar ao instante aquelas ofertas de emprego que máis che interesen e consultala sempre que queiras!
- Configurar alertas personalizadas. Cando haxa unha oferta nova que se axuste ao teu perfil e intereses, chegarache unha notificación. Desta forma poderás acceder a ela rapidamente. Ser das primeiras persoas en sabelo, aumenta as oportunidades!
- Seguimento do estado das ofertas. Grazas ás alertas tamén tes a oportunidade de consultar as ofertas nas que te inscribiches para coñecer o estado de cada proceso de selección. Ademais avisarémoste se es seleccionada/o para unha entrevista e da data na que terá lugar.
En Activa Social innovamos os nosos procesos de selección pensando en ti. Descobre o Portal de Emprego de Activa e o conxunto de utilidades que che axudarán no teu desenvolvemento profesional e na mellora da túa empregabilidade e goza de todas as súas vantaxes.
Impulsa o teu talento!